miércoles, 22 de enero de 2014

A fotogrametría dixital aplicada ó patrimonio


O ser humano sempre intentou capturar o que o rodea. A necesidade de representar ruínas e monumentos estendeuse como unha praga a partires do século XVIII e todavía hoxe non parou pero, que dirían os viaxeiros do Grand Tour se soubesen que hoxe podemos capturar en minutos as tres dimensións dun obxecto?

Cada día preséntanse novos achados que ata agora só cabían en lendas de ciencia ficción e centos de expertos arqueólogos, historiadores da arte, restauradores...comezan a pensar como aproveitar estas ferramentas no estudo do patrimonio. Unha delas é a fotogrametría dixital. Esta configúrase coma un método para captar documentación no patrimonio cultural. A mellora e impulso que viviu este método nos últimos anos situárona como unha alternativa de garantías respecto ó outro método de documentación e obtención masiva de datos: o Escáner 3D. Coa fotogrametría dixital podemos construír un modelo 3D a partir dun grupo de fotografías dun obxecto ou edificio, obtendo en poucas horas a representación tridimensional precisa daquilo que fotografásemos.



As vantaxas que dita técnica ofrece coa súa aplicación ó patrimonio son innumerables. En primeiro lugar, é completamente gratuíta ou, en todo caso, alcanzable. Por outro lado, permite que calquera estudoso da fotogrametría poida realizar os seus propios levantamentos tridimensionais cunha cámara dixital ou, mesmo, cun bo smartphone. Terceiro, achega unha cantidade de información superada en poucas ocasións pola que se consegue co escáner láser. E xa, para rematar, presenta unhas posibilidades didácticas e divulgativas extraordinarias, podendo ser unha boa porta para a difusión do noso patrimonio e a creación de coñecemento.

Non obstante, non todo van ser bondades. O uso da fotogrametría por xente non experta pode dar lugar a resultados de dubidosa calidade científica. Ademáis debemos considerar que para o correcto uso da técnica é necesaria unha alta iluminación difusa xa que levala a cabo en lugares escuros ou excesivamente iluminados pola luz do sol trae consigo molestos erros. E certo que vivimos unha das épocas máis fascinantes para o estudo do patrimonio e temos a inmensa sorte de toparnos con restos de pasados inesperados que podemos estudar con técnicas dun futuro ata agora imposible, pero o que deberemos ter sempre en conta é que a fotogrametría é unha ferramenta, non un fin.


Fontes: 
  • Aparicio Resco, Pablo. La fotogametría digital para la documentación 3D del patrimonio. Dispoñible na web: http://queaprendemoshoy.com
  • http://www.patrimoniovirtual.com
  • Imaxe: http://www.arquestil.com





viernes, 17 de enero de 2014

Paulo Fabio Máximo e a fundación de Lugo


Unha mañá calurosa de verán, Paulo Fabio Máximo subía o outeiro seguindo ó seu agrimensor. Ó chegar ó cume voltou a súa mirada ó camiño recorrido e o que viu encheulle de gozo, as vistas sobre o val do río eran espléndidas: divisábase en dirección oeste un vasto territorio de bosques de carballos con madeira suficiente para iniciar os primeiros traballos e, en dirección contraria, o terreo era máis pendente ata chegar ó val máis próximo polo que transcorrían varios regatos.

Antes de iniciar os traballos de reformulación, Paulo Fabio Máximo tivo que consultar os auspicios coa finalidade de asegurarse de que os deuses non se opoñían ó establecemento dunha cidade no lugar escollido. Os augures confirmáronlle os bos auspicios e, no mesmo momento en que un correo de Roma trouxo á expedición a noticia do nomeamento de Augusto como Pontífice Máximo da relixión no imperio, dúas aves rapaces sobrevoaban o bosque designado para fundar a nova cidade.

No transcurso da cerimonia o fundador procurou coidadosamente que toda a terra levantada pola reixa caese ó interior do recinto, e tras el os asistentes recolleron os terróns que ás veces saltaban fóra e volvíanos botar onde o rito establecía. O ritual de delimitación do territorio debería ser completado por outros dous, ámbalas dúas cerimonias de consagración.

Paulo Fabio Máximo, agradecido a César e satisfeito pola elección dun bosque tan belo para fundar a capital do convento, consagrouna baixo quen lle dera orde de fundala co nome de Bosque Sagrado de Augusto. Todo o que albergara os muros da cidade tamén sería consagrado a Augusto. Era o ano 12 a.C e así quedou escrito para os vindeiros séculos nos catro monolitos fundacionais da nova cidade.






Fonte: www.celtiberia.net; Les Villes Romaines (Pierre Grimal, Ed. Vergara, 1956)/ Fotografía: Adorian






miércoles, 8 de enero de 2014

O Templo de Mitra

Mitra é o nome que recibiu na antigüidade un Deus presente nas culturas india e persa e que tempo despois se sumaría ós grandes deuses que sostivo a cultura romana en tempos do imperio.

Aproximadamente no ano 62 a.C, os soldados romanos adoptarían este deus e caracterizaríano en función da súa cultura, crenzas e necesidades. Ademais a partir deste crearían unha relixión que se coñecería como Mitraísmo e que se diseminaría fabulosamente por todo o imperio, converténdose na gran rival do cristianismo.

As escavacións realizadas ó pe da Muralla, depararían importante sorpresas, xa que neste se encontraría unha importante Domus Alto Imperial, sobre a cal, e tras numerosas reformas, se construiría o templo ó deus Mitra, dentro do cal se encontrou un Ara dedicada a este deus por un Centurión da lexión VII Gémina que estaba ó cargo da oficina de recadación de impostos local.

Os restos do edificio no cal se encontraba esta Ara, levaron ós arqueólogos a identificar o mesmo como un Mitreo ou Templo a Mitra, debido á forma construtiva deste. Se ben non se encontraron restos de estatua ningunha, non resulta dificil supoñer a existencia dun mural coa representación do deus sacrificando o touro.

O Templo de Mitra é de comezos do século I, anterior polo tanto á muralla. Unha vez construida esta última expropiáronse os terreos do mitreo, o cal levou á súa decadencia. Con ela, a propiedade pasou a outras mans, o mitreo destruíuse e todo se transformou nunha ruina. Así chegou ata o día de hoxe.


                                           
“Al nunca-conquistado dios Mitra, G. Victorius Victorinus, centurión de la Legión VII Gémina Antoniana, Devoto y Leal, con mucho gusto, erigió esta ara en honor del puesto de control militar de Lucus (Augusti) y de sus dos libertos Victorius Secundus y Victorius Victor”

Fotografía: Sebas Senande (elprogreso.galiciae.com)




Fuente: lvcvsavgvsti.blogspot.com.es; www.quien.net