jueves, 20 de junio de 2013

"A lenda da Muralla de Lugo"


Conta a lenda que o deus Marte anoxado co seu fillo "Oqu", castigouno mandándoo a vivir cos humanos á terra. Deixouno nunha cova sita nun alto entre dous ríos e díxolle que cando considerara cumprido o seu castigo, el mesmo o viría buscar. 

Pasaron moitos anos e o pobo onde Oqu vive chámase Lugo. Os habitantes do pobo sabían que era  fillo do deus Marte, deus da guerra e da agricultura e neto de Júpiter e Juno.

Cando chegou á Terra, Oqu era un home corpulento de melena avermellada. Logo volveuse máis miúdo e o seu cabelo volveuse branco.

Hai máis de vinte séculos unha terrible peste asolou toda Europa. Oqu preparou unha medicina que deu ó xefe do pobo para que a distribuíse entre os seus habitantes. O xefe reuniunos no centro da aldea e alí a repartiu. O pobo enteiro achegouse á entrada da cova de Oqu para agradecerllo.

"Son eu o que está agradecido polo voso trato que me destes dende que vivo no voso pobo, xa non recordo canto tempo fai dende que me mandou aquí o meu pai, espero que pronto el me perdoe e me permita volver ó Olimpo", dixo Oqu.

Cando os romanos invadiron esta terra, chamárona Lucus Augusti. Con eles trouxeron moitos adiantos: melloraron a agricultura, construíron pontes, trazaron vías de comunicación, baños, acuedutos, unha morea de cousas. Ademais de todo isto, decidiron levantar unha muralla que rodease toda a cidade para que estivese fortificada e ben protexida.

Isto causou aos habitantes de Lucus Augusti unha gran preocupación pois a cova de Oqu estaba situada no trazado que os romanos marcaran para a muralla. Sara, unha muller sinxela e valente, atreveuse a enfrontarse con eles e díxolle: «Non deben de tocar a cova de Oqu. Deben cambiar o trazado da muralla».

No momento en que os soldados dispersaban de mal xeito a xente, apareceu Oqu na entrada da súa cova. Pisándose a barba dixo: Vedes aquela árbore? Ten máis de cen anos, eu vin cando a plantaron. Se a trasladades agora sen dúbida morrerá. Eu son como esa árbore, estou enraizado neste anaco de terra, á espera de que o meu pai me perdoe e poida volver ó meu lugar de orixe. Non podo abandonar este pequeno espazo no que vivo.

E dito isto, entrou de novo na súa cova e non se lle volveu ver en máis dun mes. En vista do problema interrompeuse a construción da muralla e os encargados, mandaron unha carta por un mensaxeiro ó César. Xa só lles faltaba para rematar a muralla ese tramo que ocupaba a cova de Oqu.

Por fin despois dunha espera que pareceu interminable, recibiuse contestación de Roma do mesmo César. Nela podía lerse: Non toquedes a cova, oín que é fillo do deus Marte. Falade con Oqu, chegade a un acordo. Será ben deixar a súa vivenda como está e poñédelle unha porta na mesma muralla.

Cando o capitán e o encargado, dirixíanse á cova de Oqu para darlle a nova, o fillo de Marte, saíu a recibilos coma se xa soubese que estaban en camiño e sen darlle tempo a que eles falasen para comunicalo o que o seu César dispuxera dixo: «Si, si estou de acordo. Non toquedes nada da miña cova. Deixádeme unha porta na muralla para que eu poida entrar e saír».

Onde estaba a porta da cova de Oqu, hoxe en día, ninguén o sabe. Xoan, o ferreiro, di que o seu pai, que é o home máis vello da cidade, asegurou que estaba no tramo da muralla que mira ó sur.

Xa transcorreran moitos anos, en Roma mandaba outro César, foi cando tivo noticias polos seus fillos que viñeron a Lugo e quixeron visitar a Oqu. Andaron ata a porta que daba acceso á súa vivenda pero por máis que o chamaron non obtiveron resposta.

O César, anoxado, enviou un mensaxeiro coa orde de que os soldados entrasen na cova pola forza e, se fose necesario, que prenderan a OquEntraron catro soldados detrás do capitán e tiveron que saír con extrema rapidez ó escoitar un estrondo aterrador. Estábase derrubando a muralla. Todo o tramo sur da muralla se caeu e que cando volveron levantala, ninguén se preocupou de encontrar o corpo de Oqu.

A xente recolleu pedras que aínda hoxe moitas casas as teñen incrustadas nas súas fachadas, en recordo do seu amigo.

Unha noite ó ano, coincidindo co equinoccio de primavera, unha luz moi potente sae de entre as pedras de granito da muralla e, esa mesma noite, unhas plantas con flores violetas cobren toda esa zona. Os habitantes de Lucus Augusti recóllenas por se algunha vez volve a epidemia de peste que asolou toda Europa e que pasou de longo pola cidade de Lugo grazas á medicina que preparou Oqu.

Fuente: elprogreso.galiciae.com


jueves, 13 de junio de 2013

"A outra parte romana de Lugo: os baños romanos"



En Galicia, están documentados achados arqueolóxicos de orixe romana, nunha vintena de fontes minerais, que nos indican a ampla difusión dos balnearios con fins curativos na Gallaecia romana de hai 2000 anos. Un dos exemplos máis significativos dende o punto de vista histórico, é o das Termas de Lugo.

Os restos dos baños romanos de Lugo constitúen unha construcción contemporánea á fundación da cidade no ano 15 a.C. Estas instalacións considerábanse esenciais na civilización romana e o manancial termal que nace neste lugar ten notables propiedades medicinais, aínda explotadas na actualidade. Atópanse situadas na marxe esquerda do río Miño, moi preto da Muralla de Lugo.



A parte máis impresionante das instalacións romanas conservadas é o "Apodycterium", estanza na que se espían os usuarios. En primeiro lugar, vese unha gran sala con pavimento de opus signinum, composto de recheo de tella e ladrillo con cal. Ó fondo desta sala hai dúas portas en arco que dan paso a dúas estanzas aparelladas, ambas as dúas cubertas de bóvedas e co chan de lousas. Nas paredes pódense ver dezaoito urnas con arco de medio punto, que facían as veces de armarios para gardar a roupa. A pedra de lousa é o material esencial de toda a obra.





As salas de baños eran de tres tipos: frigidarium, para baños fríos; tepidarium, para baños mornos, ecaldarium, para baños quentes. En épocas posteriores esta sala foi convertida en capela cristiá para uso dos bañistas, e deste tempo conserva algúns vestixios de pinturas murais.

Dunha forma ou outra, as termas de Lugo nunca deixaron de ser usadas, como proba a documentación medieval e moderna. Foron declarados Monumento Histórico-Artístico en 1931.



fuente: www.asturnatura.com; www.lugoturismo.com

jueves, 6 de junio de 2013

"A torre da Mosquera"



Sábese, gracias a un grabado do Seminario Pintoresco Español (1850), que a Muralla de Lugo estaba coroada por 85 grandes torres semicirculares que medían entre dez e trece metros de diámetro, e estaban elevadas sobre o adarve con grandes ventás en cada unha. 
Os restos da torre chamada "A Mosquera" fan supoñer que cada unha das torres, ou cubos, tiña en orixe unha estrutura superior que contaba, polo menos, con dous pisos. Estes pisos tiñan grandes ventanais onde se estima que servirían aos lexionarios para defender a cidade apostando nelas diversos tipos de armas.






Pasaron dezasete séculos e a súa función militar caducou, as torres foron caendo todas menos o
resto da Mosquera. Esta torre atópase entre o reduto de Cristina e a porta de San Pedro. Trátase dun arco de medio punto, formado por rajuela de lousa, mide 1,53 metros de frecha e 1,15 metros de luz.


Na actualidade só se conservan 71 cubos a nivel do adarve, menos o resto da Mosquera que está por enriba deste nivel. A razón pola que o cubo da Mosquera contaba só con dúas ventás é debido ó seu pequeno diámetro. 







Fuente: www.fotosdegalicia.es;mvralladelvcvsavgvsti.blogspot.com; Boletín do Museo Provincial de Lugo.